14/5/15

III XORNADA MATEMOCIÓNS: VISITA SANTIAGO FUTSAL (3/4)

Onte, para pechar as
III XORNADAS MATEMOCIÓNS: MATEXOGOS
tivemos un broche moi especial:
A VISITA DO SANTIAGO FUTSAL


Foi unha xornada MOI, MOI EMOCIONANTE
de emocións vai a cousa este curso...

O primeiro, prepararse para recibilos:
bancadas a tope
corredor de benvida con xogadores e xogadoras de fútbol sala que hai no cole
e... moitas gañas! 
ollade cara onde miran as cabezas de todos e todas


Ollade tamén as caras dos xogadores ao ver tanta ilusión xunta!
moitos aplausos e berros de ledicia!



Recibidos cunha forte ovación,
o adestrador Santi Valladares,
o gardameta Marcos Vara
e os xogadores Santi, Gallego e Hugo;
uns compañeiros e unhas compañeiras de 5º e 6º de primaria
encargáronse de resumir a súa traxectoria


Despois, eles mesmos tomaron as rendas do encontro
Os 5 membros do equipo foron explicando a relación
que hai entre as mates e o seu deporte: o fútbol sala
Todo con xogos para os que precisaron diferentes voluntarios e voluntarias









Pasámolo tan, tan ben!!
Non podemos estar máis agradecidos e agradecidas
por esta xornada co Santiago Futsal
que participou e nos amosou a relación coas mates desinteresadamente

Pero ademáis, tal e como foi a xornada... ATENCIÓN!
Parece que nos volveremos a ver!!
E nós encantados e encantadas!!
 Para rematar...
FOTO DE GRUPO!


Non atopades aos membros do equipo?
Fagamos zoom:


NO NOME DO EQUIPO DE BIBLIOTECA,
E DO ALUMNADO E PROFESORADO DO CENTRO:
MOITAS GRAZAS!
E ATA PRONTO!





2 comentarios:

MARY dijo...

Es genial todo lo que estais haciendo con las "matemocions",enhorabuena de verdad a todo el equipo.
Para Marcos fue un dia muy especial porque le encanta el futbol e ir al cole con el traje del equipo era emocionante.Ademas los profesionales fueron muy cariñosos y entregados con ellos asique la experiencia fue perfecta.
Enhorabuena!!

Nica, mascota da biblio dijo...

Moitas grazas polo teu recoñecemento, Mary. O certo é que este curso, dende a biblioteca, quixemos emocionar... Agardamos conseguilo
Unha aperta