


Empezamos este curso con dúas novas moi importantes para o libro galego. Dous dos autores máis queridos e un ilustrador destacan moi alto a nivel internacional:
- Agustín Fernández Paz recibiu o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil 2011 polos seus moitos e valiosos libros, escritos todos eles en galego e traducidos a maior parte a outras linguas.
- Fina Casalderrey como escritora e Miguel Anxo Prado como ilustrador foron nomeados con outros candidatos ao premio Memorial Astrid Lindgren 2012 que otorga o goberno sueco en homenaxe da autora de "Pipi Calzalargas" Astrid Lindgren.
Noraboa aos tres!!!
E para todos vós: "Un bo escritor sempre é primeiro un gran lector"
Ánimo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario