18/1/12

Libros que nos gustan



Cando plantamos árbores, plantamos as
semillas da paz e da esperanza".

Estas palabras fixeron famosa a Wangari Maathai, a activista keniata que fundou en 1977 o Movimento do Cinturón Verde para promover plantar árbores en África. Wangari naceu no pobo Ihithe no interior de Kenia o 1 de abril de 1940 e estudiou Ciencias Biolóxicas en Estados Unidos onde se graduó en 1966. Regresou ao seu país ao terminar os estudos e axudou ao seu pobo elaborando un plan para que as mulleres se converteran nas guardianas da terra para evitar a súa desertización.
Foi galardoada no ano 2004 co Premio Nobel da Paz recoñecendo o seu compromiso pola sostenibilidade ambiental e reivindicar o papel da muller. Wangari Maathai deixounos o 25 de setembro de 2011 pero a súa memoria pervivirá.
Para saber máis: La madre de los árboles; Wangari y los arboles de la paz.

No hay comentarios: