Somos a Biblioteca do CEIP de Sigüeiro e creamos este blog para compartir as nosas experiencias . Desde fai tres anos xa contabamos con páxina web do centro, e, dentro desta, a biblioteca tiña unha sección que pensamos seguir mantendo e complementar desde aquí, dándolle máis dinamismo, participación e actualidade.